Thursday 19 de September de 2024

Videoconferencia na Aula Cemit sobre axudas para empresas e PEMES galegas


Este xoves 11 de febreiro, de 11.30 a 13.30 horas, emitirase na Aula CeMIT de Riveira unha videoconferencia co obxecto de dar a coñecer un conxunto de axudas para as empresas e PEMES galegas da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta.

Esta videoconferencia está aberta ao público en xeral e especialmente a empresarios, asociacións de empresarios e directivos.

Os interesados en acudir en contacto poden poñerse en contacto co responsable da Aula CeMIT de Riveira en Cubeliños (teléfono 981 876 043)

O programa do acto é o seguinte:

11:30 h INAUGURACION DA XORNADA
Javier Aguilera
Director Xeral IGAPE

11:45 h LIÑAS DE APOIO AO EMPREGO
José Alfonso Marnotes González
Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral
Xunta de Galicia

12:00 h LIÑAS DE APOIO PARA AS PEMES GALEGAS
Curro López Martínez
Subdirector Información Igape

12:15 h LIÑAS DE AXUDA AO COMERCIO
Sol Vázquez Abeal
Directora Xeral de Comercio

12:30 h DXEM: AXUDAS PARA A EFICIENCIA ENERXÉTICA
José Ángel Abad Sánchez
Xefe de área de aforro e eficiencia enerxética do Inega

12:45 h APOIO Á INNOVACIÓN NAS PEMES GALEGAS
Elena Polo Prieto
Axencia Galega de Innovación

13:00 h COLOQUIO

13:30 h CLAUSURA DA XORNADA
Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia